vilaso_fotografica_2

Foto-Gráfica 2

«O eu interno está sempre no meu cuadro, pois eu mesmo o pintei. Non me teño que preocupar por elo. Faga o que faga, sempre está presente. Sóio o resto é difícil».

Estas palabras son de Picasso, qué como ninguén loitóu polo seu «en forma», pintara, fixera obras de alfarería ou creara unha curiosa plástica coas pezas dunha bicicleta vella. De xeito que é o «resto difícil» o que determina o grado de habilidade, a calidade dun traballo artístico. Tamén o foto-gráfico, se quere elevarse sobre o término medio do nivel artístico, está suxeto a esta lei, xa que a materia ha de ser formada por el mesmo, e as suas ferramentas son tan reacias diante da «folla branca de papel» como as do pintor.